Lolita
Nabokov, Vladimir
Autor: | Nabokov, Vladimir |
---|---|
Veröffentlichungsdatum: | 01.07.2008 |
EAN: | 9788496957374 |
Sprache: | Galicisch |
Seitenzahl: | 448 |
Produktart: | Kartoniert / Broschiert |
Verlag: | Faktoría K de Libros |
Produktinformationen "Lolita"
De todas as novelas deste autor, ''Lolita'' é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER De todas as novelas deste autor, ?Lolita? é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela. Máis aló da historia na que un home de mediana idade se namora perdidamente dunha rapaza nova ata o punto de perder o tino, mesmo máis aló do relato erótico, está o retrato dunha sociedade autocompracente. Pero ?Lolita? é unha novela que ofrece moitos niveis de lectura, escrita cun estilo narrativo pracenteiro e asequible, na que destaca a súa atractiva galería de personaxes. A obra, publicada por primeira vez en 1955, saíu á luz nunha editorial francesa e axiña foi tachada de pornográfica polos críticos e moralistas da época; tamén estivo prohibida en Gran Bretaña, pero en Estados Unidos converteuse nunha obra clásica trala súa publicación en 1958. Ao seu éxito tamén contribuiu a adaptación cinematográfica de Stanley Kubrick, con guión do propio Nabokov. A súa riqueza lingüística, con abundancia de xogos verbais, semánticos e fonéticos, constitúe todo un desafío para calquera tradutor. Xesús Fraga aposta por non facer unha reescritura da novela, senón por achegala ao galego respectando a visión lúdica que o autor tiña da linguaxe, xunto coa expresión da personalidade do narrador e da protagonista. As súas innumerables referencias, dende a Grecia antiga aos anuncios das estradas na América dos anos 40, invitan a unha lectura intelectualmente rica e argumentalmente apaixoante.

Sie möchten lieber vor Ort einkaufen?
Sie haben Fragen zu diesem oder anderen Produkten oder möchten einfach gerne analog im Laden stöbern? Wir sind gerne für Sie da und beraten Sie auch telefonisch.
Juristische Fachbuchhandlung
Georg Blendl
Parcellistraße 5 (Maxburg)
8033 München
Montag - Freitag: 8:15 -18 Uhr
Samstags geschlossen